Inicio Emergencias 112 O 061-Galicia asistiu a 64 persoas por 50 accidentes de circulación durante...

O 061-Galicia asistiu a 64 persoas por 50 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15:00 horas do venres 25 de maio ata as 23:59 horas do domingo 27 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 62 chamadas por accidentes de tráfico

Santiago de Compostela, luns 28 de maio de 2018.- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 64 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 25 de maio ata as 23:59 horas do domingo, 27 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 20 accidentes. A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 64 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62,5 % e do 37,5 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre