Inicio Galicia O 061-Galicia asistiu a 58 persoas por 43 accidentes de circulación durante...

O 061-Galicia asistiu a 58 persoas por 43 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15:00 horas do venres 17 de agosto ata as 23:59 horas do domingo 19 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 58 persoas debido a 43 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 17 de agosto ata as 23:59 horas do domingo, 19 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 19 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 55 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 43 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 58 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65 % e do 35 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 38 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 16 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Normal

0

21

false

false

false

Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre