Inicio Galicia O 061-Galicia asistiu a 57 persoas por 44 accidentes de circulación durante...

O 061-Galicia asistiu a 57 persoas por 44 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15:00 horas do venres 20 de xullo ata as 23:59 horas do domingo 22 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 48 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 57 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 20 de xullo ata as 23:59 horas do domingo, 22 de xullo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 48 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 57 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59 % e do 41 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 35 % dos atendidos tiña entre os 35 e os 49 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 20 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Normal

0

21

false

false

false

Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre