Inicio Galicia O 061-Galicia asistiu a 104 persoas por 66 accidentes de circulación durante...

O 061-Galicia asistiu a 104 persoas por 66 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15:00 horas do venres 24 de agosto ata as 23:59 horas do domingo 26 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 77 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 104 persoas debido a 66 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 24 de agosto ata as 23:59 horas do domingo, 26 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 29 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 77 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 66 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 104 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67 % e do 33 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39 % dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Normal

0

21

false

false

false

Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre