Inicio Galicia O 061 está a realizar as probas de detección do coronavirus ao...

O 061 está a realizar as probas de detección do coronavirus ao persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias

0

O CIAE supera os 340 traballadores e inclúe persoal da Axega, persoal sanitario e non sanitario do 061 de Galicia, persoal do 112 e traballadores doutros servizos de concesión pública


O persoal de enfermería da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 está a realizar as probas para a detección da Covid-19 ao persoal que realiza a súa actividade laboral no CIAE (Centro Integrado de Atención ás Emerxencias) da Estrada. O número de traballadores do CIAE supera as 340 persoas e inclúe persoal da Axega (Axencia Galega de Emerxencias), persoal sanitario e non sanitario do 061 de Galicia, persoal do 112 e traballadores doutros servizos de concesión pública (persoal de operación telefónica, persoal de mantemento e persoal de limpeza).

A realización das probas para a detección do coronavirus é de carácter voluntario e o persoal que estea disposto a facelas terá que comunicalo previamente. Respecto ás datas para a toma de mostras, cóntase coa opción de realizalas a partir de mañá, xoves 9 de xullo, en varias datas ata completar o 100% dos traballadores que soliciten facela.

Test de dobre bandaAs probas para a detección da Covid-19, baseadas en test de dobre banda, realizaranse nas propias instalacións do CIAE e consistirán na toma de mostras de sangue co obxectivo de detectar posibles anticorpos no organismo como resposta á infección por este tipo de coronavirus.

A realización das probas para a detección da Covid-19 ao persoal que desenvolve a súa actividade laboral nas instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias da Estrada súmase á realización de test ao persoal sanitario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos técnicos en emerxencias sanitarias (TES), da Rede de transporte sanitario urxente, que xa foron efectuados nos pasados meses dentro do protocolo para a detección da infección polo virus SARS-COV-2 nos profesionais do Sergas.

Desde a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicítase á cidadanía que empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves por coronavirus e aconsella utilizar o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves. Así mesmo, a Consellería de Sanidade ten a disposición da poboación o teléfono 881 00 20 21 para persoas de fóra da Comunidade Autónoma que visiten Galicia e desexen consultar dúbidas ou sintomatoloxía relacionada coa covid-19.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre