Inicio Galicia O 061 de Galicia condena firmemente as sabotaxes e actos vandálicos durante...

O 061 de Galicia condena firmemente as sabotaxes e actos vandálicos durante a segunda convocatoria de xornadas folga

0

Como servizo esencial para a poboación, os servizos mínimos establecidos durante a folga foron do 100 %

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes e os actos vandálicos realizados contra as ambulancias da Rede de transporte sanitario urxente ao longo das sete xornadas de folga que tiveron lugar durante a segunda convocatoria de folga, desenvolvida entre o pasado día 18 ás 00:00 horas e as 23:59 horas de onte, 24 de febreiro. A convocatoria de folga enmarcouse no contexto da falta de acordo na negociación polo convenio colectivo entre a patronal e os técnicos en emerxencias sanitarias que realizan o servizo de transporte sanitario urxente e non urxente en Galicia.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como servizo encargado do transporte sanitario urxente extrahospitalario na Comunidade Autónoma, ten a consideración de servizo esencial para a poboación e, polo tanto, os servizos mínimos establecidos durante as convocatorias de folga foron do 100 %.

Picadas nas rodas en 132 ambulanciasEn total, ao longo das sete xornadas nas que se desenvolveu a segunda convocatoria de folga, 132 ambulancias rexistraron picadas nas rodas e en seis vehículos realizáronse pintadas. Entre as 12:00 e as 23:59 horas de onte, día 24 de febreiro, rexistráronse picadas nas rodas de 10 ambulancias asistenciais de soporte vital básico con base nos concellos de Ponteareas e Vigo (dúas ambulancias en cada unha), A Guarda, Vilalba, Baiona, Ponteceso, Ribeira e Tui. Todos os vehículos substituíronse no menor tempo posible e seguiron prestando asistencia sanitaria con normalidade.

Ademais das sabotaxes realizadas durante as datas da segunda convocatoria de folga, é necesario resaltar que tamén tiveron lugar sabotaxes e actos vandálicos noutras xornadas comprendidas fóra do período oficial de folga. Nelas, rexistráronse picadas nas rodas, pintadas, cortes nos cintos de seguridade das ambulancias, danos nos vehículos e outros actos que, polo tanto, non se contabilizaron como incidentes, aínda que afectaron ás ambulancias asistenciais de soporte vital básico e soporte vital avanzado da Rede de transporte sanitario urxente do 061 de GaliciaPor último, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mantén o seu compromiso coa poboación e continúa a traballar de xeito responsable para garantir a asistencia sanitaria urxente á cidadanía, de xeito que a convocatoria de xornadas de folga non prexudique a calidade do servizo e os cidadáns non se vexan privados do seu dereito a recibir a asistencia sanitaria máis adecuada ás súas necesidades en calquera momento e situación, as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre