Inicio Galicia O 061 de Galicia asistiu a nove persoas por oito accidentes de...

O 061 de Galicia asistiu a nove persoas por oito accidentes de circulación durante a Semana Santa

0

Desde as 15,00 horas do mércores, 8 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 12 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu once chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Semana Santa a nove persoas debido a oito accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do mércores, 8 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 12 de abril. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con catro sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 11 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron oito asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de nove persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55,5% e do 44,5% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 55,5% dos atendidos tiña entre 20 e 29 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a a que rexistrou máis sinistros con cinco accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.  Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre