Inicio Galicia O 061 de Galicia asistiu a 9 persoas por 7 accidentes de...

O 061 de Galicia asistiu a 9 persoas por 7 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15,00 horas do venres, 27 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 29 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 11 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 9 persoas debido a 7 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 27 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 29 de marzo. Os días que rexistraron máis incidentes foron o sábado e o domingo con tres sinistros de tráfico ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 11 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 7 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 9 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 44% e do 56% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 40 e 44 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con catro sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.  Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre