Inicio Galicia O 061 de Galicia asistiu a 85 persoas por 59 accidentes de...

O 061 de Galicia asistiu a 85 persoas por 59 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15,00 horas do venres 1 de marzo ata as 23,59 horas do domingo 3 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 71 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 85 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 1 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 3 de marzo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 27 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 71 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 85 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 44 % e do 56 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31 % dos atendidos tiña entre os 30 e os 44 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas. Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre