Inicio Galicia O 061 de Galicia asistiu a 80 persoas por 66 accidentes de...

O 061 de Galicia asistiu a 80 persoas por 66 accidentes de circulación durante a ponte da Virxe do Pilar

0

Desde as 15,00 horas do venres, 9 de outubro, ata as 23,59 horas do luns, 12 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 84 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Ponte da Virxe do Pilar a 80 persoas debido a 66 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 9 de outubro, ata as 23,59 horas do luns, 12 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 25 sinistros de tráfico. A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 84 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 66 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 73% e do 27% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra rexistrou 27 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Táboa normal»; mso-style-parent:»»; font-size:10.0pt;»Times New Roman»,serif;}

  Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre