Inicio Galicia O 061 de Galicia asistiu a 80 persoas por 59 accidentes de...

O 061 de Galicia asistiu a 80 persoas por 59 accidentes de circulación durante a ponte dos Reis Magos

0

Desde as 15,00 horas do venres, 3 de xaneiro, ata as 23,59 horas do luns, 6 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 66 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a ponte dos Reis Magos 80 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 3 de xaneiro, ata as 23,59 horas do luns, 6 de xaneiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 22 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 63% e do 37% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 37% dos atendidos tiña entre os 40 e os 54 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre