Inicio Galicia O 061 de Galicia asistiu a 79 persoas por 58 accidentes de...

O 061 de Galicia asistiu a 79 persoas por 58 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15,00 horas do venres, 29 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 1 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 79 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 29 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 1 de decembro. Os días que rexistraron máis incidentes foron o sábado e o domingo con 19 sinistros de tráfico ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 58 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 79 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 66% e do 34% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 37% dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que rexistraron máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.  Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre