Inicio Galicia O 061 de Galicia asistiu a 58 persoas por 46 accidentes de...

O 061 de Galicia asistiu a 58 persoas por 46 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15:00 horas do venres 3 de maio ata as 23:59 horas do domingo 5 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 58 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 3 de maio ata as 23:59 horas do domingo, 5 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 20 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 58 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 69 % e do 31 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33 % dos atendidos tiña entre os 45 e os 59 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.  Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre