Inicio Galicia O 061 de Galicia asistiu a 31 persoas por 26 accidentes de...

O 061 de Galicia asistiu a 31 persoas por 26 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15,00 horas do venres, 13 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 15 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 35 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 31 persoas debido a 26 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 13 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 15 de novembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o venres con 11 sinistros de tráfico. A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 35 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 26 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 31 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60% e do 40% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.

Por provincias, Pontevedra rexistrou 12 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-style-parent:»»; font-size:10.0pt;»Times New Roman»,serif;}

Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre