Inicio Galicia Nove de cada dez médicos de familia que rematan a súa formación...

Nove de cada dez médicos de familia que rematan a súa formación na nosa Comunidade continúan no Sergas

0

Galicia está a formar ao maior número de profesionais especialistas de atención primaria da súa historia, cun total de 129 prazas MIR de familia, 27 prazas de pediatría, e 34 prazas de enfermería de familia


Un total de 78 residentes da especialidade de medicina de familia e comunitaria que finalizaron a súa formación no Servizo Galego de Saúde en 2019 continuaron en Galicia. É dicir, o 89,6% do total de MIR desta especialidade formados na nosa comunidade permanecerán en Galicia. Con respecto da especialidade de pediatría, durante 2019 remataron a súa formación no Servizo Galego de Saúde un total de 19 residentes. Son 14 os que continuaron en Galicia, que representan o 74% do total de residentes de pediatría formados na nosa comunidade.

En total, e incluíndo a especialistas que viñeron logo de rematar a súa formación noutras comunidades autónomas, o Sergas incorporou durante o pasado ano a 83 novos profesionais médicos de atención primaria e 16 de pediatría.

Co obxectivo de reforzar a estabilidade dos novos profesionais, o Sergas puxo en marcha durante o pasado ano o contrato de continuidade, que pode ter unha duración de ata tres anos e favorece a conciliación da vida familiar e laboral, nas mesmas condicións que os demais profesionais estables.

Formación de especialistasA adopción de medidas como o novo contrato de substitución compleméntase con outras xa adoptadas no eido da sanidade pública na procura da mellora das condicións de traballo dos profesionais sanitarios. Así, Galicia realizou este curso 2019-2020 a maior oferta do seu rexistro histórico para a formación sanitaria especializada. Na comparativa da convocatoria coa do ano anterior, rexistrouse un incremento total do 13,11% xa se ofertaron 457 prazas para formación sanitaria especializada, 53 máis que en 2018. Con este aumento de prazas na convocatoria MIR para 2019-2020, o Sergas da un paso máis na procura de solucións ante falta de facultativos.

Con respecto da atención primaria, o Servizo Galego de Saúde está a formar durante este curso ao maior número de profesionais especialistas de primaria da historia desta comunidade.

En concreto, o Sergas ofertou un total de 129 prazas para a formación de médicos de familia; 27 prazas de formación de pediatría e outras 34 prazas de enfermería familiar e comunitaria. Enfermería e medicina familiar e comunitaria foron as especialidades máis reforzadas, cun incremento de prazas do 69,4% e do 22,8% respectivamente con respecto da convocatoria anterior.

Preto de 5.000 persoas con praza estableO desenvolvemento do Plan de Estabilidade do Emprego e Provisión do Persoal Estatutario do Sergas está a permitir que preto de 5.000 persoas accedan a unha praza estable no 2017-2020 a través das ofertas públicas de emprego. A Consellería de Sanidade segue a traballar na adopción de medidas que permitan lograr o compromiso adquirido cos sindicatos a través deste plan para situar a taxa de temporalidade no 5%, tres puntos por debaixo do acordado a nivel estatalAsí, o Sergas mantivo ofertas de emprego públicas anuais en categorías deficitarias, esgotando a taxa máxima de reposición permitida pola lexislación estatal e ampliándoa ata chegar ao 108% por ter cumprido co superávit.

A última oferta, convocada a finais de 2019, conta cun total de 1.057 prazas, que se distribúen en diversas categorías. Para licenciados sanitarios, prevense 490 prazas de distintas categorías, das que 416 corresponden a 39 especialidades de facultativos especialistas de área (FEAS); 2 a médico de admisión; 3 a médico asistencial do 061, e 69 a médico de urxencias hospitalarias. Para técnicos sanitarios de formación profesional convocaranse 305 prazas, para logopedas, 4 prazas; outras 5 para terapeuta ocupacional; 229 para pinche; e 24 para cociñeiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre