Inicio Galicia Nova convocatoria de subvencións para certames, ciclos e festivais escénicos e musicais...

Nova convocatoria de subvencións para certames, ciclos e festivais escénicos e musicais de carácter afeccionado

0

A Consellería de Cultura e Turismo publica estas axudas no DOG, a través das que destina un total de 50.000 euros a institucións sen fin de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos para financiar a programación cultural


A Consellería de Cultura e Turismo acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de subvencións para apoiar a realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, dirixida a institucións sen fins de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos.

Esta orde de axudas, impulsada pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, está dotada cun total de 50.000 euros e nela inclúese o financiamento dos gastos correntes derivados da realización dos programas e actividades de promoción e difusión cultural.

As entidades que desexen acollerse a esta orde de axudas dispoñen dun mes, contado a partir do día seguinte á súa publicación da orde no DOG. A axuda máxima por beneficiario será de 6.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 70% do orzamento total do proxecto que se vaia realizar. Este importe de 6.000 euros ascenderá a 7.500 euros cando se trate de solicitudes conxuntas de entidades locais, é dicir, solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade.

A comisión encargada de valorar as solicitudes terá en conta como criterios prioritarios a traxectoria e interese cultural e artístico do evento, a súa singularidade e relevancia, a contribución á creación de novos públicos, a repercusión territorial da iniciativa e o seu nivel de financiamento, entre outros.

As bases da convocatoria poden consultarse a través deste enlace no Diario Oficial de Galicia.

Xunto con estas axudas, a Dirección Xeral de Políticas Culturais tamén promove unha liña de subvencións para apoiar proxectos municipais destinados a mellorar locais e instalacións de toda Galicia nos que se desenvolve unha programación cultural estable, co obxectivo de favorecer as condicións técnicas e de accesibilidade axeitadas para realización desta actividade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre