Inicio Galicia Noia conmemora a primeira sentenza ditada en galego nos seus xulgados

Noia conmemora a primeira sentenza ditada en galego nos seus xulgados

0

O secretario xeral de Política Lingüística asistiu ao acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística en colaboración coa Xunta e co Concello

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe ao mediodía ao acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e co Concello, para conmemorar a primeira sentenza en lingua galega ditada nos xulgados da vila. A conmemoración celebrouse no edificio do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, onde se descubriu unha placa que deixou constancia da publicación daquela primeira sentenza na lingua propia de Galicia.

O secretario xeral gabou o traballo dos que se esforzan día a día “para que as persoas galegofalantes que chegan aos xulgados se decatan inmediatamente de que o seu idioma é benvido e que poden empregalo con total liberdade e garantías”.

Xunto con Valentín García, interviñeron no acto Santiago Freire Abeijón, alcalde de Noia; Xoaquín Monteagudo, presidente da Irmandade Xurídica Galega, a maxistrada Lorena Tallón García e os letrados Tania Castro e Jacob Del Río.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre