Inicio Galicia Nava Castro visita as melloras que completan o proxecto impulsado por Cultura...

Nava Castro visita as melloras que completan o proxecto impulsado por Cultura e Turismo en Santa María da Franqueira

0

A directora de Turismo comprobou hoxe o estado dos traballos realizados en virtude dun convenio asinado coa Diócese de Tui-Vigo por máis de 66.000 euros e que inclúen obras no altar do templo así como actuacións na súa contorna

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou esta mañá as novas melloras impulsadas pola Consellería de Cultura e Turismo na capela de Santa María da Franqueira, en virtude dun convenio asinado entre a Axencia Turismo de Galicia e a Diócese de Tui-Vigo que incluíu diferentes traballos no altar e no fondo do Santuario, así como a plantación de árbores no exterior.

Durante a visita, Nava Castro comprobou os resultados destas actuacións nas que a Xunta aportou máis de 66.800 euros e que dan continuidade aos máis de 137.000 euros investidos na mellora deste núcleo histórico por parte da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia, nos últimos anos en colaboración co Concello de A Cañiza. Estes traballos xa incluíran diferentes melloras no conxunto das rúas interiores do núcleo así como o cambio do pavimento, sumidoiros e luminarias e a humanización destes espazo histórico.

A Consellería de Cultura e Turismo continúa así apoiar a posta en valor deste recurso que supón un gran atractivo turístico e patrimonial da provincia de Pontevedra, onde se erixe este Santuario que rende culto á imaxe da Virxe da Fonte, coñecida por ser unha das imaxes marianas máis antigas de toda Galicia, xunto coa Virxe da Barca e das Ermidas.

Interese turístico de GaliciaO Santuario da Franqueira forma parte, ademais, da experiencia turística impulsada ao abeiro do produto cabeceira de marca de Galicia, Santuarios Máxicos, que propón a visita a diferentes santuarios galegos. Ademais, conta tamén cunhas destacadas vistas aos Miradoiros da Paradanta onde se conta con extensas áreas recreativas. Ano a ano adoita reunir numerosos visitantes tanto na tradicional Romaría das Pascuillas como na Romaría da Virxe da Franqueira, unha das 120 Festas de Interese Turístico de Galicia da comunidade.

Os traballos realizados enmárcanse no compromiso da Consellería de Cultura e Turismo por unha actividade turística que conserve e manteña os seus recursos singulares e o seu patrimonio, material e inmaterial. Así se recolle na Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta que inclúe os compromisos da Xunta para desenvolver un modelo turístico de calidade e sustentable e construír un destino único cunha oferta especializada e diversificada

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre