Inicio Galicia Nava Castro sitúa o Camiño de Santiago como exemplo de sustentabilidade entre...

Nava Castro sitúa o Camiño de Santiago como exemplo de sustentabilidade entre as rutas de peregrinación europeas

0


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou hoxe a importancia do Camiño de Santiago como exemplo de sustentabilidade entre as rutas de peregrinación europeas. Así o manifestou durante o acto de benvida á delegación da European Pilgrimage Interreg Europe, a rede europea de cidades e lugares sagrados de peregrinación que fomenta a sustentabilidade turística, que participa ata o venres en Galicia nunhas xornadas de traballo. Formada por preto de trinta profesionais de turismo e de diferentes ámbitos académicos de países como Italia, Reino Unido, Suecia ou Romanía, a delegación deste proxecto europeo poderá comprobar de xeito teórico e práctico como é o modelo de xestión da ruta xacobea na Comunidade galega.

Da man de profesionais de Turismo de Galicia, os participantes coñecerán, entre outros temas, os primeiros resultados do Estudo do impacto socioeconómico do Camiño de Santiago, o traballo froito da colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela presentado esta mesma semana que revela a repercusión que a ruta xacobea está a ter nas economías dos concellos do rural, no emprego, nas tendencias demográficas e noutros aspectos sociais, culturais e medioambientais. Durante a súa estadía, tamén percorrerán algún dos tramos do Camiño de Santiago e coñecerán o modelo de xestión do Xacobeo na Rede Pública de Albergues da Xunta, coa visita ao albergue de Ribadiso, en Arzúa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre