Inicio Galicia Nava Castro salienta o reforzo da Xunta pola formación en turismo de...

Nava Castro salienta o reforzo da Xunta pola formación en turismo de benestar coa Cátedra de Hidroloxía Médica da USC

0

A directora de Turismo participou hoxe en Oia na inauguración dun seminario xurdido no marco desta cátedra apoiada polo Goberno

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Oia na inauguración do IV Encontro Ibérico xurdido tras os cursos de verán da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia que conta co apoio da Xunta de Galicia. Nava Castro salientou a importancia da formación neste eido e a aposta da Xunta polo turismo de benestar e a colaboración entre balnearios, talasos, centros médicos, axencias de viaxe, presciptores e administración.

A directora de Turismo recordou o interese do Goberno autonómico pola formación no eido da saúde, especialmente o termal, da man da Cátedra da USC á que a Consellería de Cultura e Turismo apoia. Como recordou, é unha iniciativa transversal que vén de dar un paso máis ao editar unha guía práctica para promover e difundir entre a mocidade as potencialidades das augas termais galegas cunha guía divulgativa para escolas e colexios.

Durante a súa intervención, Nava Castro tamén aludiu ao carácter pioneiro da Comunidade galega ao contar coa primeira lei de España que regula o aproveitamento lúdico das augas termais que aportan beneficios para a saúde. O apoio da Xunta a actividades formativas como esta cátedra enmárcase no compromiso do Goberno galego polo sector do turismo de saúde que está a contribuír, entre outras, á recuperación e aumento da capacidade aloxativa dalgúns balnearios galegos ou a sinalización das vilas termais, entre outras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre