Inicio Galicia Nava Castro salienta o papel dos 11 profesionais con Estrela Michelin para...

Nava Castro salienta o papel dos 11 profesionais con Estrela Michelin para fortalecer Galicia como destino enogastronómico

0

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe nas xornadas sobre cultura do Viño 2019 nunha acción culinaria desenvolvida polo chef Yayo Daporta

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na actividade Cociñando con Estrelas Michelin, incluída nas xornadas sobre Cultura do Viño 2019 que se celebran na localidade coruñesa de Vedra e que contou co chef Yayo Daporta, un dos 11 profesionais galegos con esta distinción.“A gastronomía posiciónase cada vez máis como un dos principais motivos polos que os turistas nos visitan”, declarou Nava Castro, quen sinalou a importancia da cultura vitivinícola galega para fortalecer o potencial galego como destino gastronómico. Precisamente por este motivo, dixo, “ter un sector cada vez máis profesionalizado repercute en que Galicia sexa máis valorada como destino e que o o turismo galego continúe a ser de calidade”.

Nesta liña, trabállase da man da Estratexia Galicia Sabe que pon énfase no vínculo da gastronomía co resto de elementos diferenciadores do turismo da Comunidade galega. Nesta folla de ruta, da que xa está avanzada toda unha primeira fase de diagnose, teñen cabida tanto a cociña de vangarda como a máis tradicional, impulsando a competitividade do sector primario. Un panorama no que profesionais con distintivos como a Estrela Michelín están a ser claves tamén para prestixiar a marca GaliciaA xornada de hoxe serviu como avance da XXXIX edición da festa do Viño da Ulla, que se celebrará no mes de abril e que servirá para poñer en valor o potencial vitivinícola desta comarca, integrada nunha das subzonas da denominación de orixe das Rías Baixas.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre