Inicio Galicia Nava Castro salienta o papel de Galicia na Ruta Europea Cicloturística Eurovelo...

Nava Castro salienta o papel de Galicia na Ruta Europea Cicloturística Eurovelo e anuncia a sinalización da Eurovelo-3

0

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe na presentación da nova candidatura de Galicia para contar cun segundo itinerario cicloturístico


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Pontevedra na presentación da candidatura do que sería o segundo itinerario da rede europea cicloturista Eurovelo na que Galicia tería presenza. Trátase da ampliación da ruta Eurovelo 1 que actualmente percorre a costa atlántica europea e que se pretende ampliar desde Caminha, en Portugal, ata Galicia pasando pola provincia de Pontevedra e ata chegar á localidade coruñesa de Cee onde conectaría coa Eurovelo 3, en coordinación coas deputacións provinciais.

No acto, a directora puxo de manifesto a importancia de que Galicia sume quilómetros desta rede europea cicloturística de longa distancia para promover un produto turístico transnacional ao redor do cicloturismo. Neste sentido, recordou que Galicia conta xa cun tramo doutro dos itinerarios da rede Eurovelo, en concreto o itinerario Eurovelo-3 que une España, Bélxica, Francia, Suecia e Dinamarca cun percorrido de máis de 5.000 km, dos que 200 están en Galicia desde Pedrafita do Cebreiro a Santiago de Compostela e que podería conectarse con este novo itinerario.

Neste sentido explicou que a Xunta está sinalizando turisticamente o percorrido galego que atravesa o Eurovelo-3 para facilitar que as persoas que queiran coñecer Galicia desprazándose en bicicleta, así como os propios galegos, o poidan facer do xeito máis doado posible, pero tamén dunha maneira segura, cómoda e atractiva.

Durante a inauguración das xornadas Nava Castro referiuse tamén ás diferentes infraestruturas e servizos dos que xa conta Galicia especialmente centrados no sector cicloturístico que, segundo a Federación Europea de Ciclistas se estima que cada ano realicen en Europa máis de 2.300 millóns de viaxes en bicicleta cun impacto económico de máis de 44.000 millóns de euros. Inclúese a rede de Centros BTT, composto por cinco centros distribuídos no Salnés, Portas de Galicia, na Serra do Xurés, en Allariz-Vilar de Santos e na Ribeira Sacra, que aspira a converterse en Patrimonio Mundial.

Europa en bicicletaTamén se puxo de manifesto a importancia da bicicleta en itinerarios como o Camiño de Santiago, recordando que o 6% dos peregrinos empregan esta opción. Para eles, a rede de albergues públicos do Xacobeo conta con instalacións adaptadas e tamén, ao abeiro de proxectos europeos como SABER Universal no que Galicia tamén participou, se puxeron en marcha paquetes para persoas con algún tipo de discapacidade ou para público sénior, facilitando a súa peregrinación ou ben a través de bicicletas eléctricas.

Eurovelo é unha rede europea que permite atravesar Europa en bicicleta a través de 15 itinerarios ciclistas para uso e desfrute tanto de cicloturistas de longa distancia como dos propios veciños de cada un dos territorios. As 16 rutas ciclistas permiten pedalear desde rexións do Atlántico ata zonas do Mar Negro e do Ártico ao Mediterráneo a través de rutas temáticas que suman en total máis de 70.000 km. Ata o de agora, a presenza de Galicia neste proxecto é a través do itinerario número tres que se inspira nas rutas de peregrinación e hoxe presentábase a candidatura para entrar no itinerario número un, que atravesa a costa atlántica europea.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre