Inicio Galicia Nava Castro salienta o atractivo turístico do novo Centro de Interpretación da...

Nava Castro salienta o atractivo turístico do novo Centro de Interpretación da Caña do País, impulsado pola Xunta en Valga

0

A directora de Turismo visitou hoxe esta nova infraestrutura que pon en valor recursos gastronómicos como a augardente e os procesos de destilación tradicional


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou esta mañá o concello pontevedrés de Valga coincidindo co remate dos traballos de acondicionamento do novo Centro de Interpretación da Caña do País. Impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, esta nova infraestrutura contribuirá a divulgar e compartir o potencial turístico de recursos gastronómicos como a augardente galega e os procesos de destilación tradicional e elaboración de licores.

A Xunta de Galicia leva anos implicada na posta en valor deste recurso, como así recordou Nava Castro durante a visita. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia de Turismo de Galicia, colaborou co Concello de Valga nas obras de acondicionamento e rehabilitación do edificio de propiedade municipal que agora acolle o Centro de Interpretación. Ademais, o ano pasado impulsáronse os últimos traballos complementarios para dotar de equipamento a sala de mostra e catas e a sala de destilación tradicional e elaboración de licores. A Xunta realizou unha achega total de 200.000 eurosA directora de Turismo salientou o compromiso da Xunta por potenciar a gastronomía deste destino “porque sabemos que, xunto á anguía, a augardente é un recurso clave que atrae a milleiros de visitantes, como demostra o seu popular concurso da mostra de caña do país e a súa festa, unha das 120 declaradas de interese turístico de Galicia”, sinalou. Neste sentido, puxo de manifesto o papel que recursos como este terán no modelo turístico galego da man de Galicia Sabe, a nova estratexia de turismo enogastronómico que marcará a pauta nos vindeiros catro anos e da xa está preparada a súa primeira fase.

Reforzo ao turismo enogastronómicoTras analizar a nosa oferta, facer un diagnóstico e estudar as debilidades e fortalezas do destino, neste documento terá cabida a cociña de vangarda e tamén a máis tradicional, con recursos como a augardente ou as máis de 300 festas gastronómicas galegas nas que se exaltan os produtos máis singulares de Galicia.

O novo Centro de Interpretación contribuirá a reforzar o potencial turístico desta comarca pontevedresa onde o Concello de Valga tamén está a traballar no impulso da camelia –apoiando e divulgando o traballo dos cultivadores locais- así como no mantemento de tradicións como o seu Belén Artesanal, declarado de interese turístico de Galicia.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre