Inicio Galicia Nava Castro salienta na Illa de Arousa o traballo da Xunta pola...

Nava Castro salienta na Illa de Arousa o traballo da Xunta pola diversificación do turismo a prol dun destino sustentable

0

A directora de Turismo participou hoxe na apertura das xornadas ‘O reto da sustentabilidade para o sector turístico’

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou hoxe o traballo da Xunta para desestacionalizar a actividade turística e diversificarla por todo o territorio a través de efectivas ferramentas de colaboración co sector e coas diferentes administracións na procura de afondar nun destino cada vez máis sustentable. Así o manifestou durante a inauguración da xornada O reto da sustentabilidade para o sector turístico que se celebra na Illa de Arousa.

Neste sentido referiuse á importancia que a sustentabilidade ten no modelo turístico galego, que reforza o seu compromiso cos 17 obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda 2030 impulsada pola Organización de Nacións Unidas (ONU) para protexer ao planeta e asegurar a prosperidade a través dun turismo sustentable que especialmente cumpra con obxectivos de promover o crecemento económico sostido así como a conservación e salvagarda dos recursos.

Nava Castro salientou a importancia da paisaxe, como o primeiro motivo de visita a Galicia polo que, recordou, é fundamental o seu coidado e mantemento a través dunha actividade turística respectuosa e responsable como a que se impulsa desde o Goberno galego. Para isto, a Xunta conta con numerosos instrumentos como as liñas de axuda que anualmente convoca para apoiar aos concellos e xeodestinos para impulsar a súa actividade turística garantindo a posta en valor de recursos fóra dos tradicionais círculos e contribuíndo á dinamización socioeconómica do rural.

De feito, hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova liña de axudas específica para os xeodestinos galegos á que a Administración autonómica destina máis de 1 millón de euros e que permitirá o impulso turístico destes territorios a través de actuacións que afonden na planificación, creación e consolidación de produtos, contribuíndo así á diversificación de fluxos por todo o territorio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre