Inicio Galicia Nava Castro salienta en Verín a decidida aposta coa que a Xunta...

Nava Castro salienta en Verín a decidida aposta coa que a Xunta está a reforzar e poñer en valor a Vía da Prata

0

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou co sector nun acto de ‘O teu Xacobeo’ para debater sobre a sustentabilidade no Camiño de Santiago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, defendeu hoxe ante representantes do sector turístico as numerosas oportunidades que brinda a Vía da Prata como un itinerario que xera riqueza nas comunidades locais polas que atravesa e no que a Xunta destina un relevante investimento con 3M€ para mellorar a súa sinalización e acondicionamento e un Plan de Mantemento de 1,6M€.

Nava Castro fixo estas declaracións no transcurso dunha mesa redonda incluída nas Xornadas de Sustentabilidade no Camiño de Santiago, unha das iniciativas enmarcadas en O teu Xacobeo, a iniciativa coa que a Xunta fomenta a participación da sociedade na celebración do Ano Santo. Durante a súa intervención salientou a capacidade desta ruta para medrar dun xeito sustentable ao aunar un rico patrimonio, natureza e enogastronomía. No referido á acollida destacou, ademais, os pasos da Xunta para reforzala da man de dous novos albergues que se integrarán na rede pública, na Gudiña e en Oseira.

A dinamización cultural para peregrinos como poboación local realizada pola Xunta a través de iniciativas como Vive o Camiño ou Camiños Sonoros son outros dos aspectos que se abordaron na mesa redonda onde tamén se expuxo a positiva evolución deste itinerario en canto a número de peregrinos que recibe. Segundo os datos da Oficina do Peregrino, recolleron a Compostela preto de 9.000 peregrinos que realizaron este itinerario.

Promoción da Vía da PrataAs xornadas, coordinadas por Expourense, pretenden divulgar os atractivos naturais, patrimoniais e gastronómicos da Vía da Prata co obxectivo de incrementar o número de visitantes de fóra da Comunidade, a través de axentes nacionais e internacionais. En total, son unha ducia as axencias de viaxes especializadas no Camiño as que estes días coñecerán mellor este destino da man de O teu Xacobeo, facendo un percorrido por localidades da provincia de Ourense que pasan pola Vía da Prata.

Esta iniciativa rematará o venres, 15 de novembro, en Expourense coa celebración dun workshop con reunións entre as axencias que participan e todas aquelas empresas que ofrezan produtos ou servizos especializados no ámbito da Vía da Prata que queiran apuntarse.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre