Inicio Galicia Nava Castro salienta a vantaxe competitiva de Galicia, que lidera as instalacións...

Nava Castro salienta a vantaxe competitiva de Galicia, que lidera as instalacións náutico deportivas con Q de Calidade

0

A directora de Turismo participou hoxe na presentación da Regata Cabos do Norte organizada polo Club Náutico de Sada, que se celebrará o vindeiro mes de xullo


Sada (A Coruña), 18 de xuño de 2019.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Sada na presentación da nova edición da Regata Cabos do Norte, organizada polo Club Náutico de Sada que se celebrará o vindeiro mes de xullo. Durante o acto puxo de manifesto a vantaxe competitiva de Galicia, que lidera o número de instalacións náutico deportivas con Q de Calidade Turística demostrando, dixo, o compromiso compartido entre Xunta e sector por ofrecer uns servizos excelentes aos viaxeiros.

A directora de Turismo puxo de manifesto a oportunidade que supoñen citas deportivas como esta para poñer en valor o potencial de municipios costeiros como Sada e Laxe, ambos polos que atravesará a proba este ano, permitindo que os participantes e afeccionados coñezan os recursos de Galicia como destino a partir desta regata.

Neste sentido, salientou o papel da Comunidade galega, que aglutina seis de cada 10 instalacións náutico deportivas con Q de Calidade Turística de España, así como os seus máis de 1.500 km de costa ou as súas 16 rías navegables durante boa parte do ano.

As mellores cifras da décadaPúxose de manifesto tamén a aposta da Consellería de Cultura e Turismo por impulsar Galicia como destino náutico. Así se reflexa na Estratexia de Turismo de Galicia 2020, a folla de ruta do turismo galego na que as iniciativas relacionadas coa náutica están presentes de xeito transversal en case a metade das once liñas das que se compón.

Nava Castro referiuse ademais ao impulso que a náutica imprime a provincias como a da Coruña, que, como recordou, no que vai de ano está a ser a que rexistra unha maior demanda turística, superior ás 800.000 noites, e foi visitada por catro de cada 10 viaxeiros que escolleron Galicia. Dentro dela, o xeodestino A Coruña-As Mariñas no que se integra Sada está a medrar a moi bo ritmo, acadando a demanda turística máis alta da década, con máis de 300.000 noites.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre