Inicio Galicia Nava Castro salienta a oportunidade do sector para ser máis competitivo a...

Nava Castro salienta a oportunidade do sector para ser máis competitivo a través da comercialización online dos seus produtos

0

A directora de Turismo participou hoxe na xornada ‘Uso e xestión eficiente dos recursos naturais para un turismo sustentable’ organizada por Segittur


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou hoxe en Sanxenxo a oportunidade que ten o sector turístico galego para reforzar a súa competitividade da man da comercialización online dos seus produtos ao permitir, dixo, obter solucións que axuden a mellorar o coñecemento do cliente ou a fidelización sen esquecer a sustentabilidade económica e ambiental dos seus negocios.

Así o manifestou durante a súa participación en Sanxenxo na xornada Uso e xestión eficiente dos recursos naturais para un turismo sustentable organizada pola Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas, Segittur, na mesa redonda Turismo intelixente e comercialización online de experiencias enoturísticas onde se falou, entre outros asuntos, da plataforma de comercialización online de experiencias enoturísticas que impulsa a Xunta en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia e co apoio do Clúster TIC.

Como se expuxo na mesa redonda, esta ferramenta -que se atopa en desenvolvemento- afonda na competitividade do sector e permite mercar paquetes enoturísticos coa mesma facilidade e inmediatez que a día de hoxe se pode reservar a través de internet un voo ou un hotel. “Damos resposta ao crecente interese dos viaxeiros por reservar experiencias en destino e impulsa a competitividade e modernización do sector asociado ao turismo”, explicou Nava Castro.

Afondouse, ademais, na importancia de que con ferramentas como estas se continúe a traballar na calidade do destino galego facendo uso da tecnoloxía aplicada ao sector turístico como parte das accións enmarcadas no Smart Turismo no que leva anos traballando a través dunha infraestrutura tecnolóxica que facilita a interacción do visitante con Galicia antes, durante e despois da viaxe.

O apoio económico e promocional con iniciativas como esta plataforma para experiencias enoturísticas beneficiará ao tecido empresarial de preto dun centenar de concellos das catro provincias integrados nos territorios das cinco denominacións de orixe vitivinícolas da Comunidade galega.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre