Inicio Galicia Nava Castro salienta a importancia da investigación ao redor da peregrinación para...

Nava Castro salienta a importancia da investigación ao redor da peregrinación para fortalecer as raíces do Camiño de Santiago

0

Participou hoxe na presentación da XII edición dos Coloquios Internacionais Compostela do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento apoiados pola Xunta


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación da XII edición dos Coloquios Internacionais Compostela organizados polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento co impulso da Xunta onde salientou a importancia que a investigación ao redor do Camiño de Santiago está a ter para fortalecer as raíces da Ruta Xacobea na antesala do Ano Santo 2021.

Durante a rolda de prensa, Nava Castro puxo en valor a colaboración mantida nos últimos anos entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento ao facer posible iniciativas como estas xornadas que contribúen a “conservar e divulgar a historia e a esencia das peregrinacións desde distintos lugares do mundo”. Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia referiuse ao carácter cada vez máis internacional do Camiño de Santiago, onde seis de cada dez peregrinos proceden de fóra de España.

Como recordou, os datos da Oficina do Peregrino constatan que o ritmo de peregrinos que recolle a Compostela está a medrar a un ritmo do 8%, superando xa os 300.000 peregrinos e sobre todo, procedentes de cada vez máis países do mundo ata os 186. “Esta realidade, máis que falarnos de datos, fálanos de que o Camiño e a peregrinación é unha suma experiencias vitais e de moitas historias persoais”, explicou.

Neste sentido, valorou especialmente que a edición deste ano dos Coloquios Internacionais Compostela sexan quen un ano máis de apostar por esta internacionalización ao reunir en Santiago a un nutrido grupo de expertos e representantes de universidades e centros de investigación de lugares como Israel, EEUU, Canadá, Reino Unido ou España.

A XII edición dos Coloquios Internacionais Compostela celébrase os días 23 e 24 de outubro na sede do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento en Santiago. Contará con representantes do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC en Madrid, da Universidade de Iowa, das universidades israelíes de Haifa, Negev e Bar-llan ou do College on the Sea of Galilee. Tamén contarán con relatores da Concordia University de Canadá, da Open University do Reino Unido e da Universidade de Santiago de Compostela.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre