Inicio Galicia Nava Castro salienta a capacidade de Redondela para promover a cultura mariñeira...

Nava Castro salienta a capacidade de Redondela para promover a cultura mariñeira das Rías Baixas a través do turismo

0

A directora de Turismo e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participaron esta mañá na apertura da I Xornada Networking Redotour


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participaron esta mañá na apertura da I Xornada Networking Redotour, unha iniciativa formativa que se celebrou en Redondela coa participación de numerosos profesionais do sector turístico.

Durante a súa intervención, Nava Castro puxo en valor o traballo levado a cabo polo sector desta localidade pontevedresa á hora de difundir a cultura mariñeira e pesqueira das Rías Baixas da man dunha “actividade turística sustentable e respectuosa co medio xunto aos profesionais do mar ou con visitas as lonxas”, dixo, poñendo como exemplo algunhas das accións postas en marcha por entidades como a Fundación para a Pesca e o Marisqueo, Fundamar.

Tamén salientou as oportunidades que o Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa -que segundo a Oficina do Peregrino son escollidos polo 25% dos peregrinos que recollen a Compostela- están a ofrecer a Redondela especialmente no eido internacional e puxo de manifesto, ademais, o seu fondo patrimonio inmaterial con festas de interese turístico como a Festa do Choco ou o Corpus Christi, recursos como a Illa de San Simón e a súa forte carga simbólica vinculada ao seu papel ao longo da historia ou a Batalla de Rande, todos eles recursos que se consolidan como atractivos engadidos de visita ás Rías Baixas.

A directora de Turismo de Galicia agradeceu aos profesionais desta localidade pontevedresa o seu compromiso coa formación con iniciativas como esta primeira edición de Redotour. Cualificouna como unha oportunidade máis para impulsar a cooperación entre entidades vinculadas ao sector turístico de Redondela entre axencias de viaxes, turoperadores, empresas de turismo activo, hostelería, restauración ou entidades dinamizadoras para poñer en marcha novas iniciativas aproveitando as oportunidades que ofrece Redondela. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre