Inicio Galicia Nava Castro presenta en Venecia o modelo galego de turismo sustentable que...

Nava Castro presenta en Venecia o modelo galego de turismo sustentable que contribúe ao impulso das economías locais

0

Puxo de manifesto as políticas levadas a cabo para diversificar a oferta turística e salientou o papel do Camiño de Santiago para xerar desenvolvemento en Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, sinalou hoxe en Venecia as numerosas oportunidades que a actividade turística está a supor para o impulso das comunidades locais. Así o manifestou durante a súa participación nun congreso celebrado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OECD) ao redor da cultura e o progreso onde Nava Castro expuxo algunhas das claves do traballo levado a cabo na Comunidade galega.

Durante a súa intervención, a representante da Consellería de Cultura e Turismo presentou o modelo responsable de xestión turística que está a permitir que Galicia se consolide como destino de calidade, diversificado e sustentable. Referiuse ao Camiño de Santiago como unha das principais fortalezas para a internacionalización do destino. Neste sentido, recordou o impacto que a Ruta Xacobea está a ter na sociedade, entre quen é vista como unha oportunidade que axuda a combater a despoboación e ten un positivo impacto cultural, socioeconómico e ambiental.

Leer más:  El Centro de Excelencia Álvaro Cunqueiro ha sido reconocido a nivel internacional por su destacado tratamiento de enfermedades coronarias con DCB

Así se constata no Estudo do Impacto Socioeconómico do Camiño de Santiago, realizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) a iniciativa da Xunta de Galicia como parte dos compromisos recollidos no Plan director do Camiño de Santiago e cuxos resultados foron expostos no transcurso do congreso. Definiuno como unha eficaz ferramenta de cara ao Xacobeo 21 que está a facilitar o seu crecemento sustentable da ruta, cada vez máis diversificada e internacionalizada, con peregrinos de ata 180 países.

Importancia dos Itinerarios culturaisA Nava Castro tamén recordou a aposta de Galicia por unha actividade turística que mantén a autenticidade dos recursos e que aposta pola súa conservación e mantemento, con itinerarios como a Ruta da Camelia, a Ruta da Lamprea, as Rutas dos Viños ou diferentes iniciativas impulsadas no eido natural.

Tamén se referiu ao importante potencial dos itinerarios culturais europeos, nos que Galicia actualmente está presente en oito. Como explicou, facilitan a conciencia dunha identidade europea común ao tempo que distribúen a oferta turística por todo o territorio ao redor de experiencias moi vencelladas á cultura e á historia e que resultan especialmente atractivos con produtos turísticos vinculados a eles. Neste sentido, púxose de manifesto o traballo da Xunta que vén de propor aos responsables dunha delas, da Ruta dos Fenicios, a creación dun itinerario náutico polos seus principais enclaves en Galicia. Ao tempo que compartiu as claves do modelo turístico galego co resto de participantes, Nava Castro tamén coñeceu as experiencias que están a funcionar nos diferentes países participantes coa intención de establecer vínculos e seguir avanzando na Estratexia do Turismo de Galicia 2020, a folla de ruta consensuada co sector que aposta pola excelencia e a autenticidade.

Leer más:  Cuatro vecinos de Arteixo son detenidos por robar más de 250 botellas de aceite de oliva en supermercados de León

- Te recomendamos -