Inicio Galicia Nava Castro participa no Mercado Medieval de Mondoñedo, unha das máis de...

Nava Castro participa no Mercado Medieval de Mondoñedo, unha das máis de 120 festas de Interese Turístico de Galicia

0

A directora de Turismo asistiu a esta festividade na provincia de Lugo, que presenta a mellor evolución cun 10% máis de pernoitas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe ao pregón do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se está a celebrar durante esta fin de semana neste concello de Lugo, precisamente a provincia galega cunha mellor evolución turística ao rexistrar preto do 10% de crecemento.

Trátase dunha das máis de 120 festas de Interese Turístico de Galicia que permite diversificar a oferta do verán galego en destinos do interior, tendo moi en conta que ocupa un lugar destacado na política turística da Xunta.

De feito, Mondoñedo, situado no Camiño do Norte, é un dos últimos concellos galardoados co Premio Galicia Parabéns outorgado pola Xunta, está recoñecido como un dos pobos máis bonitos de España e é protagonista de Un paseo de historia e vida, a nova experiencia impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo con percorridos por diferentes cascos históricos galegos. Tamén alí se vén de abrir a Casa Museo de Álvaro Cunqueiro que contou co apoio do Goberno galego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre