Inicio Galicia Nava Castro participa no encontro de palilleiras de Mos da Festa da...

Nava Castro participa no encontro de palilleiras de Mos da Festa da Rosa, unha das máis de 120 de Interese Turístico de Galicia

0

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na tradicional xuntanza de palilleiras de Mos que celebran a súa duodécima edición e se enmarcan nas actividades da Festa da Rosa de Mos, unha das máis de 120 Festas de Interese Turístico de Galicia coas que conta a Comunidade. Coa súa presenza refórzase o apoio da Xunta de Galicia ás festividades singulares da Comunidade como recursos diferenciadores do destino.

A Festa da Rosa de Mos está dedicada á rosa de Quirós, presente nas insignias representativas deste concello. Reúne ano a ano a milleiros de visitantes e conta cunha intensa programación de actividades nas que se implica o tecido asociativo do municipio para traballar a prol da cultura e a tradición como é o caso deste encontro organizado pola Asociación de Palleiras de Mos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre