Inicio Galicia Nava Castro participa nas celebracións do Entroido de Viana do Bolo e...

Nava Castro participa nas celebracións do Entroido de Viana do Bolo e da Festa da Androlla, de Interese Turístico de Galicia

0

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na 50 edición da Festa da Androlla que se celebra cada ano no marco do Entroido de Viana do Bolo, un dos nove que contan coa distinción de interese turístico e tamén un dos que mellor demostran a súa capacidade para desestacionalizar, diversificar a actividade turística e, sobre todo, para exaltar a nosa gastronomía, o segundo motivo polo que os viaxeiros elixen Galicia.

Nava Castro asistiu ao desfile de folións, boteiros e carrozas que se celebrou polas rúas de Viana do Bolo ata a Praza Maior, un dos actos centrais deste domingo ao que seguiu a posterior degustación de androlla. Trátase dunha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia que permite coñecer un dos produtos máis típicos da gastronomía vianesa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre