Inicio Galicia Nava Castro participa na reunión do Comité Asesor da Feira Internacional Termatalia...

Nava Castro participa na reunión do Comité Asesor da Feira Internacional Termatalia 2019 que este ano terá lugar en Ourense

0


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na reunión do Comité Asesor de Termatalia 2019, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo e que este ano se celebrará na cidade de Ourense entre o 19 e o 20 de setembro.

O encontro celebrado hoxe serviu para avanzar na organización desta cita que cumpre este ano 19 edicións e que se consolida como exemplo de cooperación internacional e ponte termal entre Europa e América Latina. Tras o seu paso por Brasil en 2018, a organización de Termatalia prevé reunir este ano a profesionais de máis de 30 países no recinto feiral de Expourense para fomentar o intercambio de experiencias termais entre distintos continentes, desde un punto de vista empresarial, institucional e social.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre