Inicio Galicia Nava Castro participa na III Xornada Internacional da Camelia poñendo en valor...

Nava Castro participa na III Xornada Internacional da Camelia poñendo en valor o papel desestacionalizador deste recurso

0

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe no Pazo de Quinteiro da Cruz, en Ribadumia, neste encontro que contou coa presenza do chef Iñaki Bretal

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no Pazo Quinteiro da Cruz, en Ribadumia, na inauguración da III Xornada Internacional da Camelia, onde subliñou a crecente importancia turística deste recurso, especialmente fóra de tempada alta, coincidindo co máximo momento de floración.

Nava Castro salientou o compromiso de profesionais como os responsables do Pazo Quinteiro da Cruz, integrados na Ruta da Camelia, por promover e divulgar a importancia turística deste recurso con iniciativas como estas xornadas. Trátase, dixo, dun factor decisivo para a conservación da camelia para que se consolide como un recurso turístico diferenciador e de calidade.

Propiedades gastronómicas da cameliaAs xornadas celebráronse nun dos doce espazos que integran a Ruta da Camelia, o itinerario deseñado pola Xunta de Galicia para percorrer a comunidade a través de pazos e xardíns nos que a camelia ten un lugar destacado.

Nava Castro sinalou o traballo levado a cabo desde este pazo na difusión das propiedades gastronómicas da camelia, ao contar, tamén cunha plantación destinada á produción de té nos seus xardíns. Neste sentido, o encontro tamén contou coa participación de Iñaki Bretal que presentou diferentes menús que contaban con ingredientes dalgunha parte de camelia, como prato principal ou nalgunha das súas guarnicións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre