Inicio Galicia Nava Castro participa na apertura do Belén da Catedral de Santiago, que...

Nava Castro participa na apertura do Belén da Catedral de Santiago, que se reforza como gran atractivo do Nadal galego

0


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe á bendición e inauguración do Belén da Catedral de Santiago de Compostela a cargo do arcebispo de Santiago, Julián Barrio, nun acto que tamén contou coa presenza do deán, Segundo Pérez e o cóengo e director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo. Situado na nave central da basílica compostelá, este tradicional nacemento de estilo napolitano ocupa máis de 50 metros cadrados e conta con preto de 600 pezas artesanais que o sitúan, un ano máis, como un dos grandes atractivos do Nadal galego.

Coa súa inauguración amplíase e enriquécese a gran tradición belenística galega que fai posible a instalación de diferentes nacementos polas catro provincias durante estas semanas, dous deles – en Valga e en Begonte- de Interese Turístico de Galicia. O belén da Catedral súmase ademais ás propostas de Nadal na cidade de Santiago de Compostela e ponse en marcha coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Turismo de Galicia. Poderá ser visitado no horario da Catedral, de 7,00 a 20,30 horas.  

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

- Te recomendamos -