Inicio Galicia Nava Castro felicita á Denominación de Orixe das Rías Baixas por ser...

Nava Castro felicita á Denominación de Orixe das Rías Baixas por ser nunha das rutas do viño españolas favoritas dos enoturistas

0

Converteuse no sexto itinerario español que rexistrou un maior número de visitantes nas súas adegas durante o ano pasado superando a cifra dos 115.000

Meaño (Pontevedra), 27 de maio de 2018.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, felicitou hoxe á Denominación de Orixe das Rías Baixas por ter conseguido converterse nunha das rutas do viño españolas favoritas dos enoturistas. O ano pasado recibiu máis de 115.000 visitantes e converteuse na sexta preferida polos visitantes.

Nava Castro puxo este recoñecemento en valor durante a súa participación nunha das actividades programadas das VII Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, que se están a celebrar esta fin de semana nesta D.

O coa colaboración das rutas dos viños da Comunidade e co impulso de Turismo de Galicia que inviste máis de 230.000 euros para a promoción destes itinerarios ata o ano 2021. A responsable de Turismo da Xunta participou na Quinta de San Amaro nun obradoiro de cociña creativa, unha das actividades que se están celebrando durante toda a fin de semana nesta zona vitivinícola.

Leer más:  Óscar Puente confirma que a partir del 18 de abril se iniciará la venta de boletos para los trenes Avril con destino a Galicia

Xornadas de ilusionismo, obradoiros de percusión con elementos do mundo do viño ou visitas ao Pazo de Rubiáns, ao Pazo Pondal ou Quinteiro da Cruz, así como roteiros de sendeirismo completan parte das actividades programadas nas Rías Baixas, cara onde se dirixiu tamén estes días o Bus do Viño desde cidades como Pontevedra, Santiago de Compostela ou Vigo. Ademais de nas Rías Baixas, as xornadas de portas abertas tamén se están a celebrar esta fin de semana na Denominación de Orixe do Ribeiro.

DesestacionalizaciónA próxima fin de semana será a quenda das D.

O de Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras. En total participan máis de 60 adegas das cinco denominacións de orixe e están programadas máis de 40 actividades paralelas. A edición deste ano mestura a cultura vitivinícola galega coa maxia, coa música, coa gastronomía ou co turismo activo e de natureza ou mesmo paseos a cabalo, entre outras. Os interesados en participar atoparán completa información na páxina oficial creada para o evento www.xornadasrutasvinogalicia2018.com.

Leer más:  Arde una furgoneta en la Autovía do Barbanza y vehículos Santiago de Compostela y Os Tilos

A Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta do turismo galego, outorga un lugar destacado ao enoturismo, polo seu gran papel desestacionalizador e por contribuír a diversificar a oferta turística galega por todo o territorio. Ten tamén importante peso noutras iniciativas nas que o Goberno autonómico está a traballar como o Plan de Turismo Rural e o Plan de Enogastronomía, ambos aliñados coa folla de ruta do turismo galego. 


- Te recomendamos -