Inicio Galicia Nava Castro e Cores Tourís saúdan aos viaxeiros do Tren peregrino que...

Nava Castro e Cores Tourís saúdan aos viaxeiros do Tren peregrino que este verán percorre o Camiño Portugués

0


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, saudaron hoxe aos viaxeiros do Tren Peregrino que durante todo o verán está a percorrer o Camiño Portugués, ruta á que o Goberno galego dedica este ano o Plan director do Camiño de Santiago. Froito da colaboración con Renfe, o Tren Peregrino forma parte da experiencia dos Trens Turísticos de Galicia, que cumpre seis edicións con éxito de participación. Os pasaxeiros partiron desde Madrid e teñen a oportunidade de completar distintas etapas como peregrinos antes de chegar a Santiago de Compostela e obter a Compostela. No seu itinerario, ao longo de seis días, coñecen numerosas zonas da provincia de Pontevedra e A Coruña como Tui, O Porriño, Mos, Vigo, Redondela, Arcade, San Amaro, Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove, Caldas de Rei, Valga ou Padrón. A de hoxe é a cuarta e última viaxe do verán. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre