Inicio Galicia Nava Castro destaca o valor engadido dos recursos galegos para consolidar a...

Nava Castro destaca o valor engadido dos recursos galegos para consolidar a Comunidade como destino de congresos

0

A directora de Turismo participou cun relatorio no XXXII Congreso Nacional de Organizadores Profesionais de Congresos que se celebra en Santiago


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, subliñou hoxe a vantaxe competitiva da Comunidade para consolidarse como destino de congresos grazas ao valor engadido que aportan os seus recursos. Como dixo, a oferta de experiencias para coñecer, por exemplo, oficios artesanais, así como os itinerarios ao redor da natureza ou a enogastronomía son claves para deseñar actividades complementarias en destino, cada vez máis valoradas polos visitantes.

Así o manifestou hoxe no relatorio Como se fai dun destino unha marca de referencia. Claves para consolidar un destino MICE, no marco do XXXII Congreso Nacional de Organizadores Profesionais de Congresos que se está a celebrar en Santiago de Compostela e no que participan ata mañá sábado preto de 200 profesionais do sector. Neste mesmo marco, pronunciou un relatorio Manuel Vila, secretario xeral da Consellería de Cultura e Turismo, no que expuxo o programa de incentivos fiscais de cara ao Xacobeo 2021.

A directora de Turismo de Galicia referiuse á crecente importancia de que os destinos sexan capaces de combinar viaxes de negocios con actividades para o tempo libre, o denominado bleisure (término en inglés que xurde de mesturar business e leisure, é dicir, negocio e lecer), que segundo recentes estudos do consultoras especializadas en turismo, poderán xerar en só seis anos máis de 1.400 millóns de euros no mundo. Un aspecto no que, indicou, Galicia conta xa con vantaxes competitivas que están a contribuír a que cada vez sexan máis os congresos e eventos que se celebran na Comunidade.

Crecemento dun 8% da capacidade hoteleiraNava Castro tamén puxo en valor o traballo dos últimos anos do sector hoteleiro galego, que permitiu un crecemento dun 8% no número de hoteis, que trouxo consigo que Galicia ofreza 2.800 prazas máis que hai unha década, chegando así ás preto de 55.000 actuais, un aspecto clave para que Galicia se reforce como destino ao reforzar a súa capacidade de acollida.

Tamén resaltou a calidade das dotacións específicas para eventos, así como da profesionalidade e competitividade dos profesionais galegos como valores a ter en conta á hora de posicionarse neste mercado especialmente nun ano como este, antesala dun Ano Santo que, indicou, contribuirá á posta en marcha de eventos e congresos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre