Inicio Galicia Nava Castro destaca as numerosas posibilidades de turismo sustentable que ofrecen as...

Nava Castro destaca as numerosas posibilidades de turismo sustentable que ofrecen as reservas da biosfera de Galicia

0

Destacou a importancia do patrimonio natural, ambiental e cultural destas zonas á hora de favorecer unha actividade turística que diversifique a oferta, mellore a calidade de vida da poboación local e actúe como elemento tractor do rural galego

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou hoxe o papel do patrimonio natural, ambiental e cultural das Reservas da Biosfera en Galicia á hora de diversificar a actividade turística e favorecer unha oferta de turismo sustentable, que respecte a autenticidade destas zonas, mellore a calidade de vida da poboación local e actúe como un elemento tractor da economía do rural galego.

Nava Castro fixo estas declaracións durante a inauguración da ‘I Conferencia de Turismo Sustentable na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo’ que se celebra desde hoxe e ata mañá martes na localidade coruñesa de Sada. Na súa intervención recordou o compromiso do Goberno galego por impulsar actividades e experiencias turísticas que protexan e poñan en valor a riqueza destas áreas, á vez que contribúan a ofrecer novas propostas turísticas nas contornas rurais.“É a nosa grande aposta de presente e de futuro e esa é tamén a razón pola que a paisaxe é un dos elementos aos que máis importancia estamos a conceder na Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento que guía o noso traballo para consolidarnos como un destino de calidade e sustentable”, indicou. A primeira das súas once liñas estratéxicas vai, precisamente, dirixida a este capítulo e recibe máis de 88 millóns de euros, o 37% do total.

Ruta do Impresionismo nas MariñasNava Castro situou ás Reservas da Biosfera como a das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo como “escenario perfecto para complementar e diversificar a oferta turística galega”. Como así o demostra, por exemplo, a Ruta do Impresionismo nas Mariñas que enxalza a obra do pintor Lloréns a través dun programa de actividades para achegalo a todos os públicos, unha iniciativa que conta co apoio e respaldo económico do Goberno galego.

Para continuar nesta liña, e ao abeiro da Estratexia do turismo de Galicia 2020, a Xunta aposta por formar a empresas en ecoturismo e mesmo potenciar o papel como recurso turístico das seis reservas da biosfera galegas entre as que está a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo na que se está a celebrar estas xornadas ás que se unen Área de Allariz; os Ancares lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá; Río Eo, Oscos e Terras de Bourón; Terras do Miño e Xurés-Gerês.

Tamén avanza para coordinar co sector o impulso para a creación de produto de ámbito galego centrado no ecoturismo, ao que se poidan adherir empresas situadas na contorna de Parques Naturais e Reservas da Biosfera, e tamén aquelas presentes na contorna doutros espazos protexidos pola Rede Natura 2000.

Ademais, e dentro da aposta por potenciar e protexer o medio natural a través dunha actividade turística sustentable, gran parte das experiencias estreadas este ano están relacionadas coa natureza e o ecoturismo como Escenarios ao volante, con propostas de viaxe a través das estradas secundarias galegas para coñecer miradoiros e paisaxes únicos; Galicia Surfing, para descubrir as contornas máis propicias para practicar surf; o Club da Auga, que propón ata catro produtos turísticos co termalismo, o turismo mariñeiro e náutico como eixos ou as experiencias de turismo activo nos seis parques naturais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre