Inicio Galicia Nava Castro avanza coas comunidades da España Verde as accións promocionais de...

Nava Castro avanza coas comunidades da España Verde as accións promocionais de 2020, que serán coordinadas por Galicia

0


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Bilbao nun encontro da España Verde con representantes das catro comunidades autónomas que integran a marca que, ademais de Galicia, está conformada por Asturias, Cantabria e País Vasco, así como por representantes de Turespaña. Na reunión avanzouse nas accións que Galicia levará a cabo este ano, ao ser a comunidade que coordinará as actividades conxuntas da España Verde. O traspaso de poderes realizarase oficialmente na vindeira edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebrará na segunda quincena de mes en Madrid.

Durante o encontro púxose de manifesto a positiva evolución da promoción conxunta da España Verde en 2019, cando se intensificou o seu posicionamento internacional en mercados como Italia, Reino Unido e Holanda. Ademais, analizouse o impacto das accións relacionadas co 30 aniversario da marca, que se traduciu nunha viaxe de promoción no Tren Transcantábrico, que rematou en Santiago de Compostela.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre