O Goberno galego apoia esta iniciativa que está a xirar por toda España a cargo do dous veces campión do mundo e medalla olímpica
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu ao espectáculo, que está a xirar por toda España, Revolution on Ice do patinador artístico Javier Fernández e no que a Xunta de Galicia é un dos colaboradores.
Da man do dous veces campión do mundo, sete veces campión de Europa e medalla da bronce olímpica, este espectáculo apoia ademais unha causa benéfica. Javier Fernández escolleu este ano o impulso ao deporte inclusivo, sendo a Fundación María José Jove a entidade embaixadora en Galicia. A cita que contou coa presenza de máis de 6.000 persoas, fusiona patinaxe artística e música en vivo sobre unha pista de xeo e narra unha historia vinculada ao deporte inclusivo incidindo no esforzo, loita e superación. O apoio da Xunta a estes espectáculos enmárcase no seu compromiso por colaborar con iniciativas que sexan un atractivo turístico tamén fora de tempada alta e, neste caso tamén, aglutinando deporte, espectáculo e valores.