Inicio Galicia Nava Castro aplaude o papel das novas xeracións de profesionais do turismo...

Nava Castro aplaude o papel das novas xeracións de profesionais do turismo por contribuír a un destino competitivo

0

Tras o acto de hoxe incorpóranse máis de 90 novos profesionais a un sector que está a medrar de xeito sostido e no que sete de cada dez empresarios prevé que mellorará e manterá os seus beneficios durante o vindeiro trimestre do ano

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou hoxe a crecente contribución que o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e as novas xeracións de profesionais do turismo formadas nel están a ter á hora de impulsar a competitividade de Galicia como destino. Nava Castro fixo estas valoracións durante o acto de graduación do CSHG na Cidade da Cultura, tras o que se suman ao sector turístico máis de 90 novos profesionais.

Durante a súa intervención, a máxima responsable de Turismo da Xunta fixo balance do que foi un dos cursos académicos máis internacionais para o Centro Superior de Hostelería de Galicia, dirixido por Marta Fernández. Ao acordo coa Universidade de Brighton sumáronse recoñecementos como terse convertido na mellor das 40 escolas internacionais de prestixiosos premios como o Young Hoteliers Summits ou ter sido a única escola española finalista na décima edición do Hyatt Student Prize, entre outros.“Xunto a estes logros, o CSHG tamén avanzou de xeito importante no seu obxectivo por acadar unha formación comprometida cun turismo responsable”, indicou. Neste sentido, recordou a súa aposta por afondar nunha formación que se centre nun modelo turístico que aposte pola calidade e garanta a sustentabilidade, buscando a colaboración con empresas galegas que acheguen aos alumnos os beneficios dos produtos locais.

Leer más:  O mal tempo non frea aos peregrinos: Santiago recibe 4.000 camiñantes antes do arranque dos festivos

Ademais, recordou a aposta do Centro pola formación continua con iniciativas como o Gastroforum ou o Hotelforum, que ano a ano se converten en importantes puntos de encontro para analizar e debater o presente e o futuro do turismo.

Aumenta a rendibilidade un 22%Nava Castro agradeceu o esforzo e valorou o traballo dos novos alumnos que se incorporan a un sector no que, como dixo, “a calidade e excelencia dos seus profesionais está a ser unha garantía para todos os viaxeiros que recibimos”. Nava Castro tamén se referiu ao momento que viven os profesionais, tras pechar un primeiro trimestre cun aumento da rendibilidade do 22% no eido do aloxamento e no que sete de cada dez empresarios do sector turístico en Galicia cren que poderán mellorar ou manter os seus beneficios neste segundo trimestre, segundo a última enquisa de Exceltur.


- Te recomendamos -