Inicio Galicia Nava Castro agradece en Tui o labor dos cultivadores de camelia por...

Nava Castro agradece en Tui o labor dos cultivadores de camelia por divulgar o potencial turístico deste recurso

0

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe na inauguración da V Mostra da Camelia Cidade de Tui onde recordou o seu potencial desentacionalizador

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na inauguración da V Mostra da Camelia Cidade de Tui onde puxo en valor o labor que os cultivadores galegos de camelia están a realizar para divulgar o potencial turístico deste recurso que ten unha presenza destacada na provincia de Pontevedra.

Neste sentido, salientou o compromiso da Xunta de Galicia poñendo e valor a Ruta da Camelia e coa previsión de promovela tamén durante este ano 2020 e fixo balance do traballo levado a cabo pola Consellería de Cultura e Turismo nos últimos anos nos que se conseguiu a sinalización turística propia deste itinerario.

Tamén se está a traballar por poñer en valor este recurso único nos mercados nacionais e internacionais con iniciativas como as celebradas durante o ano pasado, unha exposición específica sobre a Camelia na cidade de Vigo, que combinaba o atractivo desta flor co traxe galego, entre outras iniciativas.

Recordou, ademais, que se avanza en instrumentos como o Comité da Ruta da Camelia, unha ferramenta transversal para velar pola calidade dos xardíns, avaliar a posible incorporación de novos espazos ou mesmo valorar a posta en marcha de produtos complementarios que podan enriquecela, sumándose así a experiencias como Camelias durmindo en Paradores, Camelias durmindo en pazos ou Viños e camelias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre