Inicio Galicia Nava Castro agradece aos veciños de Melide e de Pedrafita do Cebreiro...

Nava Castro agradece aos veciños de Melide e de Pedrafita do Cebreiro a súa implicación no novo estudo do Camiño de Santiago

0


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe en Melide os resultados do Estudo do impacto socioeconómico do Camiño de Santiago, realizado pola Universidade de Santiago de Compostela a iniciativa do Goberno autonómico como parte dos compromisos do Plan director do Camiño de Santiago. Para a súa realización, utilizáronse novidosas técnicas metodolóxicas, analizáronse distintas bases de datos e levouse a cabo un intenso traballo do campo, no que os veciños de Melide e de Pedrafita do Cebreiro tiveron un destacado protagonismo. A esta colaboración referiuse Nava Castro, quen agradeceu a implicación da poboación para facer posible este estudo ao responder a diferentes enquisas que permitiron avaliar a súa percepción da peregrinación.

Entre os resultados do traballo destaca o feito de que o Camiño de Santiago é visto por parte dos residentes como unha oportunidade de desenvolvemento e xera notables impactos na economía, pois cada euro de gasto dos peregrinos xera ata un 11% máis de produto e ata un 18% máis de emprego, influíndo nos ingresos dos concellos e na súa calidade de vida. Amais, o descenso demográfico é atenuado pola ruta xacobea, que contribúe a un impacto cultural e ambiental positivo. Así mesmo, a un 75% dos veciños agrádalles a presenza dos camiñantes e a inmensa maioría non considera que o seu volume actual sexa excesivo. 

Leer más:  En libertad y con comparecencias quincenales el hombre detenido en Ferrol (A Coruña) por atropellar a un peatón

- Te recomendamos -