Inicio Galicia Nace a aplicación ?Destino Xurés con Cali? para impulsar o turismo cultural...

Nace a aplicación ?Destino Xurés con Cali? para impulsar o turismo cultural e accesible no interior da provincia de Ourense

0

A Consellería de Cultura e Turismo fixo posible esta iniciativa coa que se creou unha personaxe que guía de xeito interactivo polos recursos da zona


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nunha acción na que nenos e nenas de primaria do CEIP do Xurés aprenderon a empregar a nova aplicación Destino Xurés con Cali, unha proposta turística que permite coñecer o patrimonio e a historia desta zona do interior da provincia de Ourense grazas ao impulso da Consellería de Cultura e Turismo.

O proxecto inclúe unha ruta cultural interactiva guiada pola personaxe en 3D Cali. Pódese acceder a este itinerario a través da aplicación móbil que pon en valor os principais atractivos culturais da zona e que incorpora vídeos con realidade aumentada, contidos sonoros e imaxes 360º. Os visitantes poderán visualizar a información a través do seu dispositivo móbil ou a través dos paneis interpretativos instalados en cada punto de interese. Tamén poderán planificar a súa ruta por medio da xeolocalización.

Esta nova ferramenta dixital contribúe a dar un paso máis no compromiso da Consellería de Cultura e Turismo por ofrecer un destino cada vez máis competitivo e demostra, ademais, que en Galicia traballamos para situarnos á vangarda empregando a tecnoloxía para difundir e preservar a nosa gran riqueza cultural e patrimonial a través da actividade turística.

Leer más:  El Ayuntamiento de Ferrol rectifica y publica nuevamente los pliegos de concursos en castellano y gallego

A iniciativa partiu dos concellos de Lobios, Bande, Muíños e Lobeira que foron beneficiarios dunha das axudas da liña de subvencións que convoca anualmente Cultura e Turismo para a mellora da sinalización e accesibilidade turística e das que este ano se outorgaron máis de 160. A Xunta achegou neste caso máis de 32.000 euros para o Plan de ordenación e accesibilidade dos bens de interese cultural e turístico do Xurés, que permitiu o deseño do itinerario, a colocación dos sinais identificativos e a posta en marcha da guía interactiva.

Recursos patrimoniaisGrazas a esta nova aplicación móbil impúlsase o turismo cultural e accesible como complemento ao turismo de natureza, moi desenvolvido ao redor do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Esta ferramenta permite coñecer, entre outras, recursos como as augas termais de Riocaldo e o xacemento Aquis Originis, o campamento romano Aquis Querquennis, a Igrexa Visigótica de Santa Comba ou mesmo túmulos funerarios como A Casola do Foxo ou a mámoa Cabezo da Meda.

Enmárcase no compromiso do Goberno autonómico con fomentar a aplicación das novas tecnoloxías na actividade turística, aliñándose así cos obxectivos da Estratexia do Turismo de Galicia 2020 e o Plan Smart Turismo, desenvolvido conxuntamente coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para responder ás necesidades actuais dos viaxeiros, protexer ao mesmo tempo os valores históricos dos recursos turísticos galegos e favorecer unha experiencia de calidade.

Leer más:  Detenido en Vigo un septuagenario por una presunta agresión sexual a su pareja

- Te recomendamos -