Inicio Galicia ?Monumenta? achégase o sábado a Ordes, seguindo a Gustav Henningsen, e o...

?Monumenta? achégase o sábado a Ordes, seguindo a Gustav Henningsen, e o domingo a Esgos polo Camiño Real

0

‘Tralo-Valo’ é a proposta musical para o sábado 18 na vila coruñesa e ‘Os amigos dos músicos’ acompañarán o percorrido do domingo 19 no concello ourensán

O ciclo Monumenta, andar con arte achégase o vindeiro sábado 18 a Ordes coa andaina Meigas e feitizos con Gustav Henningsen, coa que a Consellería de Cultura e Educación segue os pasos do antropólogo danés, que buscou na vila coruñesa as pegadas da Inquisición e da bruxería hai máis de 50 anos. O camiñante convidado nesta ocasión é o profesor de música e investigador Xavier Groba González, e da man do Colectivo Mutante Creativo os participantes na actividade farán tamén unha visita guiada pola arte urbana da vila.

A cita será no concello de Ordes, ás 18:00 horas e a andaina, de tres quilómetros e dificultade baixa, terá lugar polas vías centrais da vila, para ver os murais nas fachadas dos edificios. Xavier Groba, coautor de Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 (a Central Folque, 2017) conversará cos participantes sobre o mundo máxico que coñeceu o folclorista danés durante a súa estadía de preto dun ano na vila, estudando a súa vida e os seus costumes.

Leer más:  El fuego en A Fonsagrada (Lugo) ha sido controlado después de arrasar 65 hectáreas

A proposta musical chega da man de Tralo-Valo, o dúo composto pola tocadora Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas que interpretarán pezas do repertorio gravado polo antropólogo nos anos 60 en Galicia.

O Camiño Real a San Pedro de RocasO domingo 19, o ciclo trasládase ao municipio ourensán de Esgos, coa proposta O Camiño Real a San Pedro de Rocas. A hora de saída da andaina é as 10:30 horas, con tres quilómetros de ida subindo ata o mosteiro, onde se realizará unha visita. O camiño para baixar é libre. Acompañarán aos participantes Nieves Amado Rolán e Rebeca Blanco-Rotea, arqueólogas e a guía María Abuín Fernández, cofundadora da empresa especializada en andainas pola Ribeira Sacra Máis que Románico e a conversa xirará en torno á historia dos Camiños, a natureza e a arte presentes nesta vía. Os amigos dos músicos serán os encargados do son nesta andaina de dificultade baixa.

Monumenta naceu no ano 2013 como unha experiencia para vivir e sentir o patrimonio, apreciando ao camiñar a súa singularidade cultural e paisaxística. A Secretaría Xeral de Cultura procura con esta iniciativa contribuír cunha oferta cultural descentralizada, moi vinculada co local. Pódese consultar a programación completa sobre o ciclo na páxina web www.cultura.gal e mais en http://monumentagalicia.com/, onde cómpre realizar a inscrición.

Leer más:  Rueda considera positivos los avances ferroviarios, pero insiste en la necesidad de más información y frecuencias

- Te recomendamos -