O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, no marco da súa viaxe institucional a Cuba, visitou hoxe a exposición ‘O soño cubano da emigración galega’. Esta mostra, impulsada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral, é un fiel retrato das inquietudes e aspiracións dos galegos emigrantes que chegaron a illa dende finais do século XIX. O lugar escollido para este evento é o Gran Teatro de La Habana Alicia Alonso, palacio do antigo Centro Galego, que foi construído pola emigración galega como sede do Centro Galego da Habana.