Inicio Galicia Miranda visita Mar del Plata para avanzar no programa de actividades que...

Miranda visita Mar del Plata para avanzar no programa de actividades que convertirá a cidade arxentina na capital cultural da Galicia exterior da man de José Solla

0

O secretario xeral da Emigración reuniuse co pintor marinense e con representantes da Municipalidad e do Museo do Mar para concretar a proposta de cara a 2019


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desprazouse hoxe á cidade de Mar del Plata dentro da súa visita á Arxentina para avanzar no programa cultural que rodeará á exposición de José Solla. O titular do departamento galego mantivo un encontro co pintor marinense, afincado na localidade costeira arxentina desde hai décadas, onde elaborou gran parte da súa obra, para percorrer as instalacións que acollerán a mostra que a Xunta de Galicia ten previsto celebrar desde finais de agosto ata finais de novembro de 2019.

O responsable galego de Emigración, acompañado polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, aproveitou a súa visita a Mar del Plata para celebrar unha xuntanza, así mesmo, con responsables da Municipalidad General Pueyrredón e do Museo do Mar para concretar aspectos do evento que pretende poñer o foco dos galegos de todo o mundo na cidade arxentina durante o segundo semestre do vindeiro ano. Gastronomía, arquitectura, pintura, cine e arte galego en xeral pretenden enxalzar unha exposición que quere servir de homenaxe e de recoñecemento a un dos pintores galegos máis prestixiosos deste século, ao tempo que busca levar o Xacobeo 2021 ao principal país de residencia da diáspora galega.

Leer más:  Rescatan a un hombre tras precipitarse por un barranco el coche que conducía en Covelo (Pontevedra)

Visita ao centro de día e un encontro institucionalA continuación, Miranda e López Dobarro trasladáronse ao Centro Gallego de Mar del Plata, onde se reuniron coa directiva, liderada pola súa presidenta, María Fernanda Vidal, e visitaron o Centro de Día da entidade. Os representantes do Goberno galego fixeron balance da actividade en 2018 da entidade galega e coñeceron de primeira man as súas previsións de cara ao vindeiro ano.

A axenda oficial do secretario xeral da Emigración en Mar del Plata concluíu, xa á tarde, cun encontro coa vicecónsul de España nesta rexión da Arxentina, Claudia Álvarez Argüelles trataron a situación da colectividade galega dunha das cidades arxentinas con maior presenza galega.

Entre Marín e Mar del PlataNatural de Castro, en Marín, onde nace en 1927, reside desde 1950 en Mar del Plata, na Arxentina, malia que “de España nunca se separou por completo”, segundo afirma o propio artista. As súas frecuentes viaxes, exposicións e un cambio fundamental na súa pintura a partir da década dos setenta, o vincula por completo coas súas raíces, engade o pintor, que apunta que o seu lazo con Galicia segue a ser tan forte que ultimamente traballa e vive unha boa parte do ano na súa terra de orixe.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -