Inicio Galicia Miranda traslada os parabéns do Goberno galego ao arxentino na celebración do...

Miranda traslada os parabéns do Goberno galego ao arxentino na celebración do 209 aniversario da Revolución de Mayo durante un acto organizado polo Cosulado en Vigo

0

O secretario xeral da Emigración participou, acompañado polo delegado territorial da Xunta na cidade olívica, Ignacio López-Chaves, no evento que tivo lugar na sede do Colexio de Arquitectos


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou os parabéns do Goberno galego ao da Arxentina pola celebración do 209 aniversario da Revolución de Mayo, que tivo lugar en 1810. O responsable do departamento autonómico transmitiu as congratulacións de todos os galegos ao pobo arxentino durante o acto organizado polo Consulado Xeral da República Arxentina celebrado na sede do Colexio de Arquitectos de Vigo.

Miranda, acompañado polo delegado territorial da Xunta na cidade olívica, Ignacio López-Chaves, e a cónsul xeral da Arxentina, Silvina Montenegro, os “lazos, máis ca fortes irrompibles, que unen Galicia coa Arxentina, terra que tanto acubillo nos deu aos galegos ao longo da historia, e que tanto talento nos devolveu”. O secretario xeral da Emigración puxo como exemplo “a obra que intelectuales e artistas como Castelao e Colmeiro, por poñer só dous de milleiros de exemplos, desenvolveron desde a outra beira do Atlántico”, así como o legado que outros tantos arxentinos produciron desde o noso país e deixaron para a posteridade”.

Unha iniciativa para novas promesasO responsable do departamento autonómico quixo felicitar persoalmente ao físico teórico natural de Bos Aires José Edelstein, profesor na Universidade de Santiago de Compostela polo recoñecemento que lle outorgou o Ministerio de Relaciones Exteriores y Culto da República Arxentina como cidadán do ano no exterior. Este galardón premia a iniciativa que creou a mediados de 2003 xunto ao seu colega -actualmente en La Plata- Martín Schvellinger, la red Strings@ar de física teórica (á que máis tarde se sumaron físicos de Bos Aires e La Plata), que sigue funcionando, a través da cal se teñen organizado máis de 70 reunións nacionais, dúas conferencias e unha escola internacional, “permitindo que moitos mozos, nomeadamente de La Plata e Bos Aires, fagan os seus doutorados e teñan oportunidades para seguir a formarse no exterior”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre